ESTADO ACTUAL

.

.

.

.

.

A urbanización actual presenta deficiencias numerosas, manifiestas tanto na calzada de lastro, con blandóns e parcheados abundantes, como nas beirarúas de chapaplana. Se ben os materiais de calzada son de calidade, carencias nas bases e continuas aperturas de gabias para trazado de novas redes, remataron por acentuar o seu deterioro.

O Plan de Protección e Rehabilitación PE-1 deixa constancia do alto volume de tráfico peonil de acceso á cidade que absorbe o ámbito, aconsellando reducir a calzada á sección estrita en beneficio de beirarúas e peonalizar Cruz de San Pedro.

Estudos da OCIHR inciden na centralidade e vitalidade comercial do eixo San Pedro-Concheiros, e na potencialidade da Corredoira das Fraguas como alternativa da accesibilidade rodada o barrio. Namentras, destacan o elevado tráfico parásito que atravesa Concheiros camiño doutros destinos.