.
.
.
.
.
Concheiros e Cruz de San Pedro (8.500 m2), ámbito que combina unha dupla realidade: construir eixo motor dun barrio con forte sentido identitario e absorber as condicións derivadas do transcorrer do Camiño Francés no seu paso cara a Cidade Protexida polo Plan Especial PE-1.
A proposta reconfigura a espacialidade da Rúa dispensando en detrimento do vehículo maior espazo ó cidadán, quen devén protagosnista do novo espazo. A ordenación estructura en plataforma única de preferencia peonil -ZONA 20- secuencias espaciais de uso variado, valeiros de definición intercambiable, garantizando unha versatilidade futura sen precisar de obra significativa.
Tres áreas concatenadas nas que se libera ó máximo o espazo público, reservando a singularidade do acento ás áreas vexetadas, na procura dun ritmo arbóreo na Rúa, presente sen supor incordio ou agobio para o espazo privativo.
A definición material -superficies homoxéneas de pavimento continuo- da resposta as inquedanzas cidadás, minimizando mantementos, imprefeccións e fallos estructurais. O formigón bituminoso desbastado en seco exténdese a toda a sección da Rúa, como refrenda da tese implantada de Espazo Compartido, evitando a identificación de bandas de uso excluínte e favorecendo a continua interacción entre os distintos modos de transporte convivintes; Bandas pétreas completan a lectura espacial, definindo cadencias na secuencia urbana, delimitando ámbitos diferenciados e facilitando a solución de encontros nunha topografía de acordo complexo; O ámbito PE.01 xustifica a materialidade pétrea da Cruz de San Pedro.